luns, 25 de maio de 2020

Reto 28


PROBA MENTE E CORPO EN FORMA

METER A BOLA NO CESTO DA TESTA

Para este reto é necesario que constrúas o teu propio "cesto" reciclado. Para iso necesitarás unha caixa de cartón con asas, se non tes caixas podes usar calquera outro material pero lembra, canto máis pequeno máis difícil. Realizaraslle, coa axuda dun adulto, un corte para convertelo en cesto.

A canasta podes facela con taboleiro ou sen el, si elixes a última opción o reto será máis díficil, asi que ti decides como queres facelo.

  • Primeiro, elixe ben a caixa, canto máis forte sea o carton mellor
  • Segundo, debuxa un círculo para facer o aro da canasta.
  • Terceiro, fai un mini taboleiro para que a bola poda rebotar e sea máis fácil encestar.
  • Cuarto, despois de ter todo, xunta o aro co taboleiro.
  • Quinto, e por último, cun cordón teras que suxeitala nunha porta ou na túa testa para poder xogar con ela.


Podemos usar pelotas de tenis ou algunha outra que teñamos en casa. Mesmo pelotas feitas con bolsas de lixo, xornais, papel de aluminio...

Podemos realizar diferentes xogos con este reto, pode ser só ou por parellas:
  • Lanzar e atrapala con bote
  • Lanzar e atrapar sen bote
  • Atrapala tras rebote nun parede
  • Por parellas tentar encestar no bote do outro
  • Por parellas tentar atrapar a pelota no aire

(podedes facer cantas combinacións queirades)




E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.

Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: 



Ningún comentario:

Publicar un comentario