Bos días nen@ s!
Coñecedes o Hurling? O hurling é un
deporte con orixes moi antigas. As famosas lendas de tradición celta conteñen
historias deste deporte, como a do héroe
mitolóxico Cúchulainn.
No século XIII
chegou a prohibirse a súa práctica baixo o pretexto da violencia excesiva entre
os xogadores.
Xa en 1884, a fundación da
GAA organizou o primeiro
campionato nacional de Irlanda: así comezou a impulsarse o que no século XX sería o deporte máis visto e practicado da
illa. Neste campionato ( All Ireland
hurling) participan varios equipos que representan aos condados da
República de Irlanda e Irlanda do Norte.
PRINCIPAIS REGRAS:
Cada equipo fórmano 15 xogadores que usan un stick ou bastón (“ hurley”) e unha pequena
pelota de 7 centímetros de diámetro. Os partidos (profesionais) teñen unha
duración de 70 minutos, repartidos en dous tempos. En caso de empate débese
repetir o partido.
-Permítese aos xogadores tocar a bóla coa man.
-Non se permite recoller a bóla do chan directamente coas
mans, senón co stick. Se a bóla está no
aire si a poderemos coller coas mans.
– Non se permite levar a pelota máis de tres pasos, así que
a bóla debe ser golpeada rapidamente ou transportala sobre o stick en equilibrio ou a saltitos.
– O pase a un compañeiro ou compañeira de equipo debe
efectuarse mediante un golpe da bóla co
stick.
– Ao redor da portería márcase unha área de 6 metros na que
ningún xogador pode entrar a excepción do porteiro.
– Márcase un gol cando a bóla pasa entre os postes e
traveseiros dunha portería que ten 2 metros de altura e vale tres puntos.
-Sáquelos de banda efectúanse golpeando a bóla co stick, desde o lugar por onde saíu a bóla.
–Se un xogador toca a bóla e esta sae pola liña de fondo
sería (córner ou) “tiro libre”, quese
saca por un xogador do outro equipo desde o centro do campo, golpeando a bóla,
podendo tirar directamente a portería, (pode haber barreira a 3 metros).
-As faltas sácanse desde onde se produciron.
A continuación deixámosvos un enlace de cómo xógase o
HURLING…
Ningún comentario:
Publicar un comentario