Bos días mozos/ as !!
Preparados para comezar a
semana con forza? Listos? Imos alá!!
MENTE EN FORMA
Estas son algunhas das máscaras venecianas máis típicas:
A historia das máscaras venecianas remóntase ata a época romana, pero
o seu gran momento de esplendor foi durante o s. XVIII. Aínda que hoxe en día asociámolas aos
entroidos, antigamente utilizábanse en varias ocasións durante todo o ano,
especialmente para asistir ao teatro ou a festas oficiais. As máscaras
garantían o anonimato, así que tamén eran perfectas para que os aristócratas
puidesen mesturarse entre a plebe e
mesmo para participar en conspiracións ou acudir a encontros amorosos segredos.
Estas son algunhas das máscaras venecianas máis típicas:
Bauta – É unha máscara branca
que se prolonga en ángulo baixo o nariz ata tapar a boca. Complétase cunha capa
negra, un chapeu de tres picos e unha túnica. Representa o misterio, a intriga
e o secreto.
Moretta – De orixe francesa,
esta máscara oval de veludo negro cobre completamente o rostro. Adóitase
acompañar con veos e chapeus. É unha máscara de uso exclusivamente feminino.
Dottore Peste – Orixinalmente
utilizábana os médicos que atendían aos enfermos da peste. Para evitar
contaxiarse e non ter que soportar o fedor dos mortos, levaban estas máscaras
con ollos de cristal e un longo nariz na que introducían panos perfumados e herbas
CORPO EN FORMA
O zoo: agora andaremos polo corredor e cando papa/ mama diga un animal, hai que ir facendo o animal ata chegar a un lugar marcado.
O come xoguetes: colocamos dous cubos uno a cada lado do corredor, un cubo é para papa/mama o outro para o neno/a. No medio do corredor deixamos moitos xoguetes e pelotas. Somos monstros come xoguetes e debemos levar o máis rápido posible os bonecos ás nosos cubos.
Gaña o xogador que máis bonecos leve ao seu cubo nun minuto.
Loita de coxíns: un coxín é un tesouro, o neno/a é un pirata, papá/mamá poñen un pano na cara de forma que tape un ollo. Actúa como un pirata que quere roubarlle o tesouro. O neno que agarre o coxín cos dous brazos con forza, nese momento os país deben quitarllo (“loitamos” co neno para quitarllo con coidado de non facerlle dano. O neno/a
de forma inconsciente fará toda a forza que poida para evitalo).
E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.
Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".
Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Ningún comentario:
Publicar un comentario