venres, 27 de marzo de 2020

Reto 3

Bos días rapaces!

Como estades? Xa falta menos para rematar esta loita contra o virus! Coma hoxe e venres, propoñémosvos unha nova serie de retos para entretervos este fin de semana!


Reto corpo en forma

1- Para quentar un pouco o corpo, teremos que facer 10 saltos cós pes xuntos.
2-coas pernas ben separadas, intentamos tocar o chan coas mans (sen dobrar os xeonllos) e mantemos abaixo durante 10 segundos
3- Aquí ven a parte complicada do reto... Debes levar o famoso rolo de papel hixiénico na cabeza e manter o equilibrio camiñando 10 segundos! Aos adultos imos complicarllo un pouco máis e terán que tocar o chan coas mans cada dous pasos! Parece fácil verdade? Pois mellor non te fíes!




Reto mente en forma

Terás que escribir unha mensaxe de ánimo e apoio aos verdadeiros heroes do momento, todos os traballadores sanitarios do país. Xuntos poderemos!!



Recordade que por cada foto sumaredes 1 punto e por cada video 10 puntazos! animade aos vosos amigos e veciños a participar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario