mércores, 20 de maio de 2020

Reto 26

Bos días chicos e chicas!
Outro día máis traémosvos dous retos novos para entretervos un pouco!

RETO CORPO EN FORMA
Esta semana para o noso reto de corpo en forma queremos comprobar a vosa puntería. O reto consiste en facer unha bola de papel e intentar encestala nunha papelera ou cubo. 
Primeiro desnde unha distancia de tres pasos, cando a metamos, damos dos pasos máis atrás e así sucesivamente.
¿Que distancia conseguiredes?

RETO MENTE EN FORMA

Para o reto de mente en forma traemos unha proposta na que deberedes esforzarvos moito e utilizar o voso inxenio.
A continuación veredes unha imaxe que representa distintas películas con emoticonos.¿Cantas películas conseguiredes adivinar?

E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.

Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: 

https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario