Bos días a tod@s!!
Un profesor de educación
física de Canadá decidiu que era o momento de fomentar o traballo en equipo e a
cooperación entre membros, en lugar de potenciar os individualismos que ven
noutros deportes. Por iso empezou a buscar o modo de crear unha disciplina na
que xogasen máis de dous equipos. Decidiu que tres sería o ideal, xa que un
número impar sempre fai que se estreiten os lazos de colaboración no núcleo dun
grupo.
Cada equipo leva posto un peto
dunha cor diferente. O gris e o negro sempre son fixos, mentres que a terceira
cor varía entre o azul ou o rosa. O balón tamén pode ser de cor negra, rosa ou
branco como norma xeral, aínda que en calquera caso a cor é o de menos. Trátase
dunha pelota que pesa menos dun quilo, pero ten un diámetro de máis dun metro
con vinte centímetros, polo que non pasa desapercibida a ninguén.
O obxectivo do xogo é tirar o
balón para que un dos outros equipos, cuio cor debe indicarse antes de lanzar,
trate de impedir que toque o chan e preparar o seu lanzamento. O balón pódese
tocar con calquera parte do corpo, e os atacantes poden movelo dentro do campo
en calquera lugar desde o que queiran lanzar o novo ataque. Todos os xogadores
participan no lanzamento e a defensa, e se un equipo comete algunha falta, os
outros dous reciben un punto a favor. Deste xeito lógrase que todo o mundo
estea pendente do xogo ata o final, xa que os marcadores non se adoitan afastar
demasiado uns doutros. Gaña o equipo que chegue antes a marcar 13 puntos, aínda
que se se esgota o tempo de xogo gaña o equipo que máis puntos conseguise. Os
tempos divídense en 3 espazos de 7 minutos cada un.
A continuación deixámosvos
unha ligazón deste deporte para que poidades ver como se xoga...non vos apetece
xogar??
Ningún comentario:
Publicar un comentario