mércores, 22 de abril de 2020

Reto 14

Bos días rapaces!

Un día máis aquí estamos cuns retos que espero que vos gusten e poidades pasar un bo intre en compañía da vosa familia.


MENTE EN FORMA


Como sabemos que vos gusta moito debuxar( e facédelo moi ben), o noso reto de hoxe consiste niso: collede un papel, as vosas cores,lápices, rotus ou pinturas e imos aló.
Primeiro comezade dibuxando unha árbore ben bonita, co seu tronco e moitas ramas que as ides necesitar.
A continuación, en cada unha das ramas tedes que dibuxar a cara, ou poñer o nome, dun familiar voso ao que queredes ben (mamá, papá, avós/as, primos/as...)
Cando teñades ven cheo a vosa árbore lembrádevos de enviarnos una foto.


QUEREMOS COÑECER A TODAS ESAS PERSONAS AS QUE TANTO QUERES!!



CORPO EN FORMA


Usaremos unha pelota de tenis cada un e irémonos ao corredor máis longo da casa. 3 ou 4 voltas ao corredor con cada xogo.

O galgo: corremos de lado a lado do corredor o máis rápido que podamos.
O canguro: imos saltando con pés xuntos e volvendo de lado a lado.
La historia de PajaritoLevo ao  paxariño:  A pelota é un  paxariño que se caeu do niño e debemos de levalo polo corredor coas dúas mans sen que caia. 
Aprende a voar: levamos o  paxariño nas dúas mans e lanzamos a pelota cara arriba moi pouquiño, coma se estivese a aprender a voar. 
O cachorro: a pelota é un cachorro que debemos sacar a pasear, cunha raqueta/pala/escoba/etc temos que ir empuxando a pelota, tentando manter a pelota en todo momento en contacto co obxecto que usamos para empuxala.

E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.

Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".


Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: 

https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario