RETO CORPO EN FORMA
O Xogo da Mariola: Esta semana imos retaros a xogar a un xogo tradicional.
Aproveitando que por fin os nenos e nenas xa poden sair da súa casa, imos retarvos a, ou na casa ou no parque, facer unha mariola no chan e xogar logo.
Este xogo ,tamén coñecido como "Rayuela", pódese facer pintando ou colocando obxetos para limitar as casillas de cada número. Deixámolo a vosa elección!
RETO MENTE EN FORMA
No reto da mente de esta semana traémosvos unha manualidade.
Para realizar este reto necesitaremos pintura ou rotuladores cartulinas e un rolo de cartón do papel hixiénico. O reto consiste en facer o voso animal preferido utilizando o rolo de papel.
E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.
Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".
Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Ningún comentario:
Publicar un comentario