venres, 8 de maio de 2020

Reto 21


Ola amigas/os!!

No día de hoxe deixámosvos estes retos... esperamos que gocedes con eles!

Corpo en forma:

Imos deixarvos pequenos exercicios que teredes que conseguir realizar...imos alá!

soñar con saltar1º Saltar durante 15 segundos cunha pelota entre as pernas sen que caia.
2º Poñerédesvos de xeonllos. Desde esa posición teredes que levantarvos sen apoiar as mans. ( este exercicio de dúas formas diferentes ).
3º Facer un salto cun xiro  enteiro ( 360º).

Mente en forma:

Imos realizar o noso propio quebracabezas. Para iso imos seguir os seguintes pasos:

1º Realiza un debuxo e tenta pintar todo o folio.
2º Pegamos ese folio nun cartón ou cartolina.
3º Pola parte de atrás debuxamos cadrados ou figuras que dividan todo o folio e que formarán as pezas.
4º Se queres que che sexa máis fácil despois podes poñerlle número ás pezas.
Puzzle casero | El Baúl de Anne5º Recorta polas liñas e...LISTO!!
 Agora tenta montar o teu propio quebracabezas ou dille a alguén da túa familia que o faga.
Esperamos que vos  divertades moito con este reto. Estamos a esperar ver os vosos quebracabezas!

E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.



Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:


Ningún comentario:

Publicar un comentario