luns, 11 de maio de 2020

Reto 22


Bo días amigos/ as!!

Preparados para comezar a semana con alegría e enerxía??!! Pois imos a alá cos retos do día de hoxe, esperamos que vos gusten...

CORPO EN FORMA

FÓRMULA 1 de bólas de papel
Primeiramente faremos un  circuíto :
- Se o facemos pintado pode ser nun papel ou en chan cun xiz.
- Tamén podemos facelo con xoguetes que teñamos por casa, obstáculos que a bóla de papel deba superar.

Constrúe unhas cantas  bolitas de papel e sopra dunha nunha cunha  palliña ( ou un papel enrolado) ata que logres levalas dun extremo do  circuíto ao outro.
Reta a alguén da túa familia, a ver quen chega a meta primeiro.
Preparados...listos...xa!!!

MENTE EN FORMA

Letras desordenadas que se leen – Código Mente
Baile de letras.      

A continuación ímosvos a dar unhas letras, despois tentaredes formas palabras con elas. Cantas palabras seredes capaz de formar?  A ver quen consegue máis?

A    C    N    E    L    I    R   B   A    S    P    R    T    O    L    M    U    E  



E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.



Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".


Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario