luns, 30 de marzo de 2020

Reto 4

Bos días chic@s!

Para esta segunda semana traémosvos outros dos retos.

RETO CORPO EN FORMA


Atrapa a cola! Este xogo consiste en que cada participante colocarase una cola(ropa ou trapo que semellen) na parte traseira enganchada ao pantalón e intentaremos robarlle a cola ao resto da familia evitando que eles consigan robar a miña cola!


RETO MENTE EN FORMA

Este reto vai ser un pouco máis complicado que os anteriores pero sabemos que seredes capaces!
Nos imos deixarvos aquí unha mensaxe que pretendemos que quede presente para estos días tan dificiles que estamos a vivir pero... terá trampa! o mensaxe tera varias palabras encriptadas que estarán escritas en inglés. ¿Seredes capaces de traducilas e descubrir o verdadeiro mensaxe?
Esperamos ver os vosos debuxos coa mensaxe desencriptada!

DESTINY, CHOICE, LOVE
¡Coa forza do noso ......., da nosa ......., poderemos cambiar o noso ..... e o de moita xente! "Paulo Coelho"

E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.


Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".