luns, 4 de maio de 2020

Reto 19

Reto Mente en forma

É moi importante desenvolver día a día a creatividade dos nosos nenos, para así lograr persoas enxeñosas. Unha forma estupenda de facelo é a través de instrumentos musicais, se non tes ningún, non te preocupes, podes facelos en casa. Hoxe mostrámosche como facer unhas maraacas para nenos reciclada ben divertida.


Materiais:
  • - Legumes: arroz, lentellas, garavanzos...
  • - Dous vasos de plástico, de iogures ou dos rolos de papel
  • - Cinta illante.


Pasos a seguir:
  • 1)  Colle un dos vasos e enchelo cun puñado dun legume.
  • 2)  Coloca o outro vaso encima, facendo que se peche.
  • 3)  Xa colocado os vasos, únelos coa cinta illante.


E xa poderás axitalo e empezar a acabar co virus.


E se queres para acabar, podes decorar os cartóns ou pintalos e facer as maracas máis bonitas.


Reto Corpo en Forma

O reto desta semana vai ser o de Meter unha pelota dentro dun cubo
A pelota ha de ser pequena e o cubo tamén, velaquí a complexidade do reto. Coloca o cubo ao carón do corredor e, por quendas, lanzar a pelota. A ver quen é o que encesta máis veces!

Tamén podedes facer este reto cun globo que non podedes tocar coas mans. Conseguirédelo




E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.


Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".


Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: 

https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario