Bos días !!
Hoxe ímosvos a falar dun
deporte paraolímpico...o GOALBALL...coñecédelo?
Desde a súa invención como
terapia para rehabilitar aos soldados feridos na II Guerra Mundial, o goalball estendeuse por todo o mundo.
Practícano deportistas cegos ou con discapacidade visual que utilizan un balón
sonoro e converteuse nun dos deportes de equipo máis emocionantes dentro do
programa paralímpico.

Para permitir que practiquen
este deporte persoas con diferentes graos de discapacidade visual, os xogadores
deben levar un anteface que lles cubra por completo os ollos. Ademais, o
pavillón debe permanecer en silencio durante todo o partido, para permitir que
ambos os equipos poidan escoitar o balón sonoro. Só se permite gritar e aplaudir
cando se marca un gol.
A continuación deixámosvos un
vídeo cunha pequena explicación sobre o
GOALBALL.
https://www.youtube.com/watch?v=PebhJZapCTM
Ningún comentario:
Publicar un comentario