venres, 10 de abril de 2020

Reto 9


Bos días a todos!
Hoxe traémosvos uns retos divertidos e nos cales estaredes moi entretidos para que  pasedes o final da semana santa… Imos alá!!

Reto corpo en forma
Son 12 exercicios que  teredes que realizar durante 10 segundos cada un…


Que vos pareceron? Xa nos contaredes que tal vos foi e queremos ver como o conseguides.

 Reto Mente en forma

Este reto consistirá en que realicedes un ovo de pascua, para iso damósvos algunha axuda para que poidades conseguir con éxito o voso ovo de pascua.
Primeiramente deixámosvos unha ligazón de como facer os ovos de chocolate e a continuación uns pasos de como adornalos.
1. Ovos con patacas
Materiais :
Unha pataca, un cóitelo, pintura de cores e cartolina branca.
Pasos
En primeiro lugar, ferve as patacas e déixaas arrefriar.
Curta pola metade e feixe divertidas formas en  zig- zag co coitelo.
Despois pintar cada parte dunha cor diferente e que estampen o selo na cartolina branca. E listo!
2. Ovo estampado
Materiais
Cartolina branca, un rotulador negro para facer a silueta do ovo, tapones de cortiza, témperas de cores ou pinturas de dedos.
Pasos
Debuxa a forma dos ovos co  rotulador negro sobre a cartolina.
Meter o extremo da cortiza de viño na tapa da pintura e empuxalo contra o papel. Podes facer raias ou deseños en  zig- zag! Podedes facer diferentes patróns e alternar distintas modalidades.
Déixaos secar e terás un bonitos ovos de Pascua que podes usar como postais para felicitar a Semana Santa aos vosos amigos ou familiares.

E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.



Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".