RETO MENTE EN FORMA
Para a proba deste día,
propoñémosvos un reto que se leva facendo nas nosas vidas moito tempo, imos facer
una serie de atopar as diferencias en diferentes imaxes, a ver se sodes capaces
de facelo rápido e de atopar todas.
Esta proba consta dun conxunto de tres imaxes, nelas sempre teredes que atopar as diferencias que existen entre elas, onde está a dificultade, pois que as imos separar en 2 niveis e cada nivel ten maior dificultade.
Parecevos fácil, pois adiante, rétovos a conseguir atopar as
diferencias no menor tempo posible.
PROBA 1: ATOPA AS 5 DIFERENCIAS
RETO CORPO EN FORMA
Hoxe imos a practicar un pouquiño a relaxación do corpo coa axuda deste vídeo que os amosamos de seguido.
O ioga para nenos é un excelente exercicio físico e mental. Explicámosche os seus beneficios e ofrecémosche uns sinxelos exercicios para que o neno e os pais descarguen as tensións e reláxense.
O ioga é unha disciplina psicofísica coa que se alcanzan condicións de gran benestar para o corpo e a mente.
E por iso chegamos a conclusión con estas sete boas razóns para que os nenos practiquen ioga
1. Aumenta a flexibilidade, a coordinación e o equilibrio.
2. Promove a harmonía.
3. Canaliza a enerxía.
4. Crea hábitos saudables.
5. Mellora a autoestima.
6. Estimula o autocontrol.
7. Fomenta o autocoñecemento.
E aquí os vais unha pequena sesión, esperamos que os guste:
E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de
contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para
loitar contra o coronavirus.
Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20
puntos e 20 "antivirus".
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: