luns, 13 de abril de 2020

Reto 10

PROBA MENTE EN FORMA

Ola a todos,
Para o reto desta semana, propoñemos unha cousa máis díficil, desta vez si que vos teredes que esforzar porque a cousa complicase un pouquiño.

Trata de pensar e intentar adivinar no menos tempo posible a solución, este exercicio e moi bo para traballar a mente e a concentración e tamen podedes observar de que sodes capaces.

O exercicio podedes facelo coa cabeza ou senon tamen podese realizar con papel e boli por si algun non tedes activada a tope a vision 3D.

Pero de seguro que o conseguides, asi que non esperedes moito, darlle o reto e esperamos as vosas respostas.


PROBA CORPO EN FORMA

Para a proba desta semana imos mezclar un pouquiño as duas probas, a do corpo coa proba da mente, teremos que facela da mellor maneira, utilizando ao máximo os nosos sentidos e as nosas aptitudes para conseguir a maioria das probas que se propoñen no video que aparece a continuación.

Non vos preocupedes se non os saen a perfección, a intención é o que conta, así que veña, vamos a por todas !!!

Aquí amosamos 5 retos, elexide un par deles e os que os guste, a darlle caña


E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.



Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: 

https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9