RETO 1: 23 de marzo de 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza" Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso este lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, Fagámolo viable con algo que resulta obrigatorio para todos, nestes días e que nos une e fai fortes. O reto consiste en facer visible o lema # QuedateEnCasa en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra. Atrévesche?? Fácil non?? Pois adiante…. PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores" Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día: Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces. Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos. Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos. Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces. Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto gañarás 1 puntos para o teu colexio e 1"antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus"