xoves, 28 de maio de 2020

RECOLLIDA DE DIPLOMAS E MEDALLAS


Bos días a  tod@s!
Queremos darvos as grazas por toda a vosa entrega e participación no programa  XAQUE AO VIRUS, por iso querémosvos recompensar e mostrar a nosa gratitude por todo o esforzo que  puséchedes en combater o virus creando preto de 800 antivirus. Todos aqueles nenos/ as que  participástedes tanto no blogue como nas sesións en directo por videochamadas, farásevos entrega dun diploma e unha medalla. Os días e horarios para a recollida serán os seguintes:

DÍAS: 1, 2 E 3 de XUÑO.
HORARIO: 16:00 a 18:00  h.
LUGAR: Fórum Metropolitano.

Como o Forum Metropolitano aínda non está aberto ao público, na entrada deberedes  indentificarvos, e será obrigatorio o uso de mascarilla.
E unha vez máis dicirvos...GRAZAS POR PARTICIPAR...XUNTOS PODEREMOS CO VIRUS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario