luns, 6 de abril de 2020

Reto 7

Bos días unha semana máis rapaces e rapazas do María Pita!
Traemos de novo dous retos divertidos para animarvos a vosa cuarentena!

Reto Corpo en Forma

Esta semana no reto corpo en forma traemos un xogo divertido que seguro que moitos de vos xa coñeciades: A Culebriña!
Para iso deixamos aqui un enlace a un video de youtube que explica o xogo e trae a canción para acompañar este divertido pasatempos!




Reto Mente en Forma

O reto desta semana consiste nunha canción vacúa: Elixe o retrouso da canción que máis che guste e con esa música, crea a túa propia canción vacúa. Seguro que o teu single vacúa axuda a moita xente!

E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.



Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".