Para esta semana volvemos a traervos dous retos máis que esperamos que vos gusten!
RETO CORPO EN FORMA
Habitación do pánico de sensacións: Dividimos a habitación en 5 zonas, do mesmo xeito que simulen o número de sentidos. Cada zona será un sentido diferente e dentro dela haberá unha proba distinta. Para pasar a seguinte zona teremos que acertar 3 de 4.
OLFATO: colleremos 4 froitas,verduras ou especias que teñamos na nosa casa.
GUSTO: Colleremos 4 alimetos distintos
TACTO: Calqueira obxecto que teñamos na nosa casa, pequeno e con diferentes texturas
OIDO: Cambiando a nosa voz, cada membro da casa terá que decir a misma palabra e o obxetivo e diferenciar quen di cada palabra
VISTA: Descifrar as letras dunha palabra que papá ou mamá previamente escribirá ó revés
Todos os sentidos, agás a vista terán que realizarse cos ollos tapados!
RETO MENTE EN FORMA
Nestes días nos que non podemos gozar da natureza, tentemos levar algo da súa beleza ás nosas casas.
Adoranaremos parte do noso fogar con distintas flores que teremos que facer nos mesmos. Cada unha delas terá que ser diferente en forma, color e material.
E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.
Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".