Ola rapaces! Aquí estamos de novo, primeiro queriamos darvos as gracias pola vosa participación, encántanos ver todas as vosas fotos e vídeos. Engadindo antivirus todos xuntos poderemos bater este virus, polo que agora imos buscar un novo reto co que poidas obter novos puntos e antivirus.
RETO CORPO EN FORMA
Deberás usar a túa imaxinación, habilidades físicas e mentais. Farás un circuíto ou laberinto por toda a túa casa cos elementos que teñas nela(sillas, mantas, mesas...) de xeito que só ti saberás o camiño, Este será o teu muro para deter o virus. Deixamos a vosa imaxinación para elaborar o laberinto pero queremos ver como arrastrades coma serpes, saltades coma canguros ou vos metedes en lugares onde só podería pasar unha formiga.
RETO MENTE EN FORMA
Ides facer unha mascota antivirus o máis fermosa ou monstruosa poisble, que nos acompañe en tódolos retos futuros. Deixade libre a imaxinación dos pequenos!
Recordade que unha foto suma 1 punto e cada video suma 10 puntos! Animade aos vosos amigos a participar e sumaredes máis puntos!