mércores, 13 de maio de 2020

Reto 23

Bos días a tod@s un día máis! Como sempre traémosvos dous novos retos. ¿Vos animades?

RETO CORPO EN FORMA
O Xogo dos bolos:
Para este xogo necesitaremos entre 6 e 10 botellas ou vasos, unha pelota e moita puntería. O xogo consiste en colocar as botellas e vasos facendo un triángulo nun sitio e conseguir tirar os máximos posibles coa pelota dende unha distancia entre 3 e 5 metros. Se queredes poñer un pouco máis de dificultade poderemos encher un pouco as botellas de auga para que sexa máis complicado.Tamén poderedes decorar os bolos ao voso gusto ¿seredes capaces de tiralos todos?

RETO MENTE EN FORMA
Esta semana a merenda preparámola nos.
O reto que vos propoñemos é preparar unhas galletas para a merenda. A continuación deixaremos unha receta para axudarvos. Queremos ver esas merendas que sodes capaces de cociñar sempre coa axuda de papá ou mamá


E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.

Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: 

https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario