venres, 24 de abril de 2020

Reto 15


Hola rapaces!!

Estades preparados para novos retos? Aquí deixámosvos os de hoxe...


MENTE EN FORMA

XOGAMOS O TRES EN RAIA
Sabemos que tedes moi claro que hai que quedar na casa e seguir as normas que nos pon dende arriba. Por iso queremos ver se sabedes cómo pasar o tempo coas vosas familias ao mesmo tempo que poñedes en forma a vosa mente.
Comezaremos con algo moi sinxelo: desinar o noso xogo de tres en raia.
Podedes debuxalo, pintalo, facelo nas baldosas da cociña., no porpio pasillo da casa e con que se xoga, cunhas fichas, esas fichas ven poden ser de moitos estilos e materiais diferentes, demostranos que tes imaxinación e decora unhas super fichas para poder xogar co xogo e sorprendenos.




A traballar! quero ver como xogades ou como facedes o voso xogo para conseguir puntos para o noso cole espero que disfrutedes



CORPO EN FORMA

Escondendo ao topo: un da familia ten o topo ( un xoguete )e debeo esconder, os demáis debemos buscalo, se o atopamos debemos saír correndo ata un punto fixado para dicir no alto atopei o topo!.


Bruja voladora. Lila - Vinilos infantiles originalesA bruxa de cores: unha bruxa de cores anda pola casa, cando diga unha cor hai que ir correndo a tocar algo desa cor, o último convértese en  gusano. 
Os avións: convertémonos en avións cos brazos en cruz e movémonos polo corredor, cando se diga aterraxe debemos ir o máis rápido o chan e  cando dígase a voar, todos nos levantaremos e seguiremos camiñando cos brazos en cruz.
E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.


Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".


Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: 

https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario