venres, 15 de maio de 2020

Reto 24

PROBA MENTE EN FORMA


Que vos parece se botamos unha ollada atras e rememoramos os inicios do noso querido televisor. 

Se vos parades a pensar, xa non teñen nada que ver cos que nos atopamos agora en calquera lado, é unha das cousas que mais evolucionaron, non creeis? 

Pois para a proba desta semana rétovos a botar unha ollada atras, que lle preguntedes aos vosos avós e pais de cando eran pequenos e que tipo de televisor tiñan na casa. 

E como non, para finalizar o reto, a proba consta de facer un boceto dese televisor para darlle forma e vida. Senon se vos ocurre nada, deixovos aqui un enlace de como poderiase facer unha tv.


Animovos a todos e espero con ganas as vosas respostas.





PROBA CORPO EN FORMA

Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. propoñémosche facer 4 exercicios sinxelos para comezar ben o día.

As probas novas para a proba desta semana tratarase dunhas series de carreiras.


O percorrido debera ser mais ou menos longo con algunha viraxes e rectas para facelo interesante, eso si, o percorrido ten que ser feito a ida e volta.


  • Exercicio 1: tumbados no chan, na posición da oruga, intentaremos recorrer o pasillo da casa no menor tempo posible.
  • Exercicio 2: de pé, mans na cintura, pes atados, trataremos de percorrer o pasillo o mais rápido posible
  • Exercicio 3: agachados no chan, posición do cangrexo, faremos o mesmo, percorrer o espacio delimitado no menor tempo posible.
  • Exercicio 4: e por último, aqui precisaremos a axuda duns trapos que nos poñeremos no traseiro,  sentados enriba deles, e teremos que axudarnos soamente cos pes para coller impulso e movernos o máis rapido posible.


E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.



Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".



Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:

Ningún comentario:

Publicar un comentario