xoves, 9 de abril de 2020

Semana Santa e a Rosca de Pascua

QUE É A SEMANA SANTA ?

A Semana Santa en España é un dos festexos máis populares que existen e atraen a gran cantidade de turistas de todo o mundo.
A Semana Santa é a conmemoración anual da Paixón, morte e resurrección de Jesús de Nazaret.
En España celébrase cada ano entre os meses de marzo e abril, dependendo do calendario lunar.
Durante toda esta semana, os colexios, academias e universidades non abren as súas portas e teñen lugar numerosos exemplos de relixiosidade católica e popular en todo o mundo e en particular en España.
E algún producto típico que se come nestas festas son os Ovos de Pascua e como non a Rosca.
O consumo e preparación da tradicional Rosca de Pascua varía en cada país, nalgúns lugares representa, a través da figura dun anel, o amor e a amizade que unen os pobos. Noutros, representa a unidade familiar e o concepto de continuidade, de volver comezar cada ano, o renacer eterno.
A rosca de Pascua é un tipo de pan doce tradicional para a celebración da Semana Santa ou Pascua.
A continuación deixámosvos un enlace de como facer unha rica rosca… que aproveite lambonciños e lambonciñas!!


                     Ver las imágenes de origen
https://www.manzanaycanela.com/2018/03/rosca-gallega-trenzada-pascua-receta-paso-a-paso.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario