luns, 6 de abril de 2020

Itinerarios Virtuais

Boas tardes a todos !!!

De seguro que xa estades cansos de ter que estar nas vosas casas pero aínda nos queda un
pouquiño para poder vencer ao virus que nos está a rodear....

Alén disto vos animamos a que nos acompañedes nos nosos paseos virtuais polas rúas da
nosa cidade e perdernos entre centos de curiosidades, anécdotas e descubrimentos
apaixoantes.

Que vos parece?
Moitos de vos seguramente xa paseáchedes con nós e cos vosos profes outros anos... pero
este ano o imos facer todos os nenos de todos os coles xuntos, porque xuntos o
conseguiremos!

Propoñémosvos que coñezades a nosa cidade e lla poidades ensinar de un xeito divertido e
diferente as vosas familias

Vos animades?

Recordade que nos podedes seguir no noso Facebook:

https://www.facebook.com/itinerarios.virtuales.39

E se pinchas na seguinte imaxe poderas comezar a túa viaxe: