martes, 28 de abril de 2020

A MULLER NO DEPORTE


Bos días nenas / vos !

Esta semana ímola a dedicar á muller no deporte.

Actualmente o deporte feminino está cada vez máis normalizado en sociedade e hai algunhas deportistas mundialmente famosas, por exemplo as irmás Williams ( Tenis )
Ver las imágenes de origenCon todo,  aínda está a moita distancia do deporte masculino en relevancia, salarios ou número de persoas que o practican. Hai que realizar un gran esforzo para conseguir a igualdade entre xéneros tamén neste ámbito.
Ver las imágenes de origenAs liñas de traballo están destinadas nos próximos anos a lograr unha maior participación da muller no deporte; maior presenza feminina en órganos de goberno e toma de decisións e tamén no ámbito técnico, concretamente en cargos como adestradoras, dirixentes deportivos ou árbitros. Porque se derrubaron moitos muros de desigualdade no deporte en todos estes anos, pero non todos. A carreira continúa. É unha loita constante.

A continuación deixámosvos unha ligazón sobre mulleres que cambiaron a historia do deporte.


E outra ligazón de interese sobre importantes mulleres deportistas españolas que levan o nome do noso país por todo o mundo.


Esperamos que vos guste!

Ningún comentario:

Publicar un comentario