Amosando publicacións coa etiqueta enlace de interés. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta enlace de interés. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de abril de 2020

O Patinador Javier Fernández

Ola nenos/as !

Sabemos que moitos de vós participades na actividade de Patinaxe no colexio, por iso hoxe imos facer unha pequena referencia a un gran patinador español Javier Fernández.
Javier Fernández conseguiu sete europeos, dous mundiais e unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos que lle coroaron na patinaxe. Tras anunciar a súa retirada en novembro de 2018 e facela efectiva algo máis dun mes despois, agora atreveuse a montar o seu propio espectáculo de xeo, Revolution On Ice, que leva anos unindo música e patinaxe.

A continuación deixámosvos unha das súas grandes actuacións…


https://www.youtube.com/watch?v=ak-Tz82W_qE


martes, 14 de abril de 2020

O libro da Selva

Hoxe traémosvos un pequeno conto que a nos gustanos moito para que podades entretervos!

Traémolo en dúas formas para que poidades elexir:
FORMA ESCRITA

EN VÍDEO 



domingo, 12 de abril de 2020

Xogos tradicionais


Ver las imágenes de origen

Ola rapaces!!


Hoxe imos coñecer un pouco os xogos e xoguetes  cos que disfrutaban os nosos avós...

Os deportes, os xogos e as actividades físicas en xeral estiveron presentes en todos os pobos e culturas ao longo de toda a historia, a humanidade xogou desde sempre, incluso os animais fano, por iso o xogo considérase previo á cultura mesma. En función do lugar e a época foron evolucionando dunha forma ou outra, aínda que sempre foron da man da sociedade na que estaban inmersos.  A continuación deixámosvos unha ligazón de como os xogos e xoguetes evolucionaron. Seguro que moitos deles coñecerédelos polos vosos avós, pais, tíos...etc. Espero que vos guste!


https://www.youtube.com/watch?v=z562A0XtVQ4&feature=youtu.be


sábado, 11 de abril de 2020

Os Xogos Olímpicos

Os Xogos Olímpicos​ son o maior evento deportivo internacional multidisciplinario no que participan atletas de diversas partes do mundo. Os Xogos Olímpicos son considerados a principal competición do mundo deportivo, con máis de 200 nacións participantes.
Os Xogos Olímpicos modernos inspiraronse nos Xogos Olímpicos da antigüedade do siglo VIII a. C. organizados na antigua Grecia con sede na cidade de Olimpia, queres saber un pouco máis? Aquí vos deixamos un video