sábado, 16 de maio de 2020

XOGO EN CASA


XOGO EN CASA: NOVA SEMANA, NOVAS PROPOSTAS.
CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.
MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DAS SESIÓNS DA SEMANA PASADA.

VOS PROPOÑEMOS MÁIS ACTIVIDADES DIVERTIDAS PARA FACER EN CASA. AHÍ VAI O CALENDARIO PARA ESTA SEMANA.


E A PARTE TEREMOS AS SESIÓNS QUE FACEMOS HABITUALMENTE DE XIMNASIA DE MANTEMENTO ( martes 17 h )E XIMNASIA RÍTMICA ( xoves 17 h)

RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE.

ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

Película da semana

                                                   Pai non hai mais ca un.

Xavier è un home que pensa que o sabe todo, e non levanta un dedo para axudar a sua muller  a coidar a casa e aos seus  5 fillos . Sin embargo este pai de familia ten que enfrontarse a relidade cando a sua muller decide tomar unha vacacions cunha amiga, e non lle queda outra que encargase el de toda a casa e dos seus fillos el so. Sen duda ninguna sera unha expereciencia que cambiara a suas vidas por completo.

         
                                       https://www.youtube.com/watch?v=SLqAeHA5ino
                                             

venres, 15 de maio de 2020

Reto 24

PROBA MENTE EN FORMA


Que vos parece se botamos unha ollada atras e rememoramos os inicios do noso querido televisor. 

Se vos parades a pensar, xa non teñen nada que ver cos que nos atopamos agora en calquera lado, é unha das cousas que mais evolucionaron, non creeis? 

Pois para a proba desta semana rétovos a botar unha ollada atras, que lle preguntedes aos vosos avós e pais de cando eran pequenos e que tipo de televisor tiñan na casa. 

E como non, para finalizar o reto, a proba consta de facer un boceto dese televisor para darlle forma e vida. Senon se vos ocurre nada, deixovos aqui un enlace de como poderiase facer unha tv.


Animovos a todos e espero con ganas as vosas respostas.





PROBA CORPO EN FORMA

Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. propoñémosche facer 4 exercicios sinxelos para comezar ben o día.

As probas novas para a proba desta semana tratarase dunhas series de carreiras.


O percorrido debera ser mais ou menos longo con algunha viraxes e rectas para facelo interesante, eso si, o percorrido ten que ser feito a ida e volta.


  • Exercicio 1: tumbados no chan, na posición da oruga, intentaremos recorrer o pasillo da casa no menor tempo posible.
  • Exercicio 2: de pé, mans na cintura, pes atados, trataremos de percorrer o pasillo o mais rápido posible
  • Exercicio 3: agachados no chan, posición do cangrexo, faremos o mesmo, percorrer o espacio delimitado no menor tempo posible.
  • Exercicio 4: e por último, aqui precisaremos a axuda duns trapos que nos poñeremos no traseiro,  sentados enriba deles, e teremos que axudarnos soamente cos pes para coller impulso e movernos o máis rapido posible.


E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.



Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".



Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:

xoves, 14 de maio de 2020

Simone Biles

O anterior martes, fixemos unha publicación dedicada a Usain Bolt, esta semana imos dedicala a grandes atletas internacionais, hoxe queremos que coñezades a unha gran ximnasta que non houbo en decadas unha coma ela. Ela è Simone Biles unha ximnasta america que gañou màis de 6 títulos de campiona nacional, 5 veces seguidas campiona de mundo e levandose o ouro nos Xogos Olimpicos de Rio2016.

È unha das ximnastas maìs laureada de todolos tempos tanto masculina como feminina.
Coma todolos grandes deportitas ela comenzou na escola de maneira lùdica, como un xogo para pasalo rato, e medida que foi crecendo foi convertindose cada vez en algo mais importante na sua vida a medida que iba adquirindo mais logros e escalando postos nas competicions nacionais ata que foi fichada por Aime Borman a sua actual entrenadora da seleccion estadounidense de ximnasia artistica e asi formar parte do equipo nacional e convertindose nunha carreria profesional .


A verdade e que esta muller ten algo especial e moi caracteristco xa que realiza os seus exercicos dunha gran dificultade facendo ver que son moi faciles de executar. Todo isto o logrouno traballando duro e dedicandolle moitas horas a facer o que de verdade lle apasiona, a ximnasia.

Aqui vos deixamos uns enlaces con alguns dos seus espectaculares exercicios, xa nos diredes que vos parecen e se os animades a                      practicar este bonito deporte, pero con coidadiño eh !!

                               
                                          https://www.youtube.com/watch?v=RW94mABPEpw
                                   


                                    

mércores, 13 de maio de 2020

Reto 23

Bos días a tod@s un día máis! Como sempre traémosvos dous novos retos. ¿Vos animades?

RETO CORPO EN FORMA
O Xogo dos bolos:
Para este xogo necesitaremos entre 6 e 10 botellas ou vasos, unha pelota e moita puntería. O xogo consiste en colocar as botellas e vasos facendo un triángulo nun sitio e conseguir tirar os máximos posibles coa pelota dende unha distancia entre 3 e 5 metros. Se queredes poñer un pouco máis de dificultade poderemos encher un pouco as botellas de auga para que sexa máis complicado.Tamén poderedes decorar os bolos ao voso gusto ¿seredes capaces de tiralos todos?

RETO MENTE EN FORMA
Esta semana a merenda preparámola nos.
O reto que vos propoñemos é preparar unhas galletas para a merenda. A continuación deixaremos unha receta para axudarvos. Queremos ver esas merendas que sodes capaces de cociñar sempre coa axuda de papá ou mamá


E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.

Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: 

https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Respostas Reto 22








martes, 12 de maio de 2020

Usain Bolt

Usain Bolt è un dos mellores atletas da historia coñecido como o lòstrego , conseguiu hata 11 titulos mundiales e 8 olímpicos como velocista , e varios records mundiais, podese dicir que unha das persoas màis rápidas do mundo, se queres saber màis de el,


                                                  aquí os deixamos un enlace !   

                            https://www.youtube.com/watch?v=4-n4f7YLWOg&t=4s

                           

luns, 11 de maio de 2020

XOGO EN CASA

XOGO EN CASA: ESTA SEMANA IOGA, BAILE E CONTOS


ESTA SEMANA COMEZAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE CON ACTIVIDADES COMO IOGA, BAILE MODERNO, ESTIRAMENTOS, CONTACONTOS, PSICOMOTRICIDADE, ..., E MOITAS MÁIS.

ESTE É O CALENDARIO DE ACTIVIDADES PARA FACER DESDE CASA.





RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE.

ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN DE ZOOM

Clasificación 7ª Semana


Mais de 30.000 Antivirus nesta semana !!!

Iniciamos a semana coa barreira dos 30.000 puntos superada neste xogo no que todos os colexios aportan o seu grao de area.


Seremos capaces de chegar aos 50.000 puntos ao final do xogo? non é doado, pero entre todos coido que o conseguiremos.
moito ánimo.



Reto 22


Bo días amigos/ as!!

Preparados para comezar a semana con alegría e enerxía??!! Pois imos a alá cos retos do día de hoxe, esperamos que vos gusten...

CORPO EN FORMA

FÓRMULA 1 de bólas de papel
Primeiramente faremos un  circuíto :
- Se o facemos pintado pode ser nun papel ou en chan cun xiz.
- Tamén podemos facelo con xoguetes que teñamos por casa, obstáculos que a bóla de papel deba superar.

Constrúe unhas cantas  bolitas de papel e sopra dunha nunha cunha  palliña ( ou un papel enrolado) ata que logres levalas dun extremo do  circuíto ao outro.
Reta a alguén da túa familia, a ver quen chega a meta primeiro.
Preparados...listos...xa!!!

MENTE EN FORMA

Letras desordenadas que se leen – Código Mente
Baile de letras.      

A continuación ímosvos a dar unhas letras, despois tentaredes formas palabras con elas. Cantas palabras seredes capaz de formar?  A ver quen consegue máis?

A    C    N    E    L    I    R   B   A    S    P    R    T    O    L    M    U    E  



E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.



Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".


Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

domingo, 10 de maio de 2020

Resposta reto 20

Ola amigos/ as!! Perdoade polo atraso das respostas do reto 20, tivemos un problema técnico pero xa estamos listos para ensinarvos o que nos chegou...