sábado, 9 de maio de 2020

Película da semana

Boas rapaces !

Este sabado os deixamos Rompe Ralph, conta a historia de Ralph un personaxe dun videoxogo onde sempre e o malo e xa esta cansado de selo e arma unha serie de aventuras que pon patas arriba as demais maquinas recreativas, non podemos contar mais !

Aqui vos deixamos o enlace para vela, e se vos quedades con mais ganas, conta cunha segunda parte, Ralph rompe Internet , seguro que lo pasades xenial.


                             https://verpelisonline.tv/animacion/10822-rompe-ralph.html


                                                                               
       

venres, 8 de maio de 2020

Reto 21


Ola amigas/os!!

No día de hoxe deixámosvos estes retos... esperamos que gocedes con eles!

Corpo en forma:

Imos deixarvos pequenos exercicios que teredes que conseguir realizar...imos alá!

soñar con saltar1º Saltar durante 15 segundos cunha pelota entre as pernas sen que caia.
2º Poñerédesvos de xeonllos. Desde esa posición teredes que levantarvos sen apoiar as mans. ( este exercicio de dúas formas diferentes ).
3º Facer un salto cun xiro  enteiro ( 360º).

Mente en forma:

Imos realizar o noso propio quebracabezas. Para iso imos seguir os seguintes pasos:

1º Realiza un debuxo e tenta pintar todo o folio.
2º Pegamos ese folio nun cartón ou cartolina.
3º Pola parte de atrás debuxamos cadrados ou figuras que dividan todo o folio e que formarán as pezas.
4º Se queres que che sexa máis fácil despois podes poñerlle número ás pezas.
Puzzle casero | El Baúl de Anne5º Recorta polas liñas e...LISTO!!
 Agora tenta montar o teu propio quebracabezas ou dille a alguén da túa familia que o faga.
Esperamos que vos  divertades moito con este reto. Estamos a esperar ver os vosos quebracabezas!

E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.



Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta:


xoves, 7 de maio de 2020

QUEEN

Queen ?

Os soa este nome, seguro que si, e este outro Freddie Mercury ? por suposto que si, è o nome dun dos mellores grupos da historia liderado por Freddie Mercury ,cantante cunha das voces mais incribres da historia musical.
Queredes saber mais ? aquí os deixamos un enlace ca historia do grupo, tamen os recomendamos que escoitedes alguna das suas canción mais icònicas como : "Bohemian Rhapsodi" "We will Rock You" "Dont stop me now " estos son uns de moitos exitos que han sacado,


Xa nos diràs ca el a tùa favorita !

https://www.youtube.com/watch?v=ZLBhfivvIqU&t=59s


mércores, 6 de maio de 2020

Reto 20

Bos días a todos e a todas! Unha semana máis traemos dous retos para poder divertirnos xuntos.

RETO CORPO EN FORMA

O Xogo da Mariola: Esta semana imos retaros a xogar a un xogo tradicional.
Aproveitando que por fin os nenos e nenas xa poden sair da súa casa, imos retarvos a, ou na casa ou no parque, facer unha mariola no chan e xogar logo.
Este xogo ,tamén coñecido como "Rayuela", pódese facer pintando ou colocando obxetos para limitar as casillas de cada número. Deixámolo a vosa elección!



RETO MENTE EN FORMA

No reto da mente de esta semana traémosvos unha manualidade.
Para realizar este reto necesitaremos pintura ou rotuladores cartulinas e un rolo de cartón do papel hixiénico. O reto consiste en facer o voso animal preferido utilizando o rolo de papel.




E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.



Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".


Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: 

https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


Respostas Reto 19







martes, 5 de maio de 2020

DIA INTERNACIONAL DA DANZA

29 de Abril

O pasado mercores celebrouse o dìa internacional da danza, o obxetivo de este dìa e reunir a todalas perosoas que elixiron esta forma de expresión para superar calquera barreira, cultural, étnica ou politica e celebrar a danza e a sua diversidade.

A danza e unha forma de expresión a través dos movementos de corpo, onde podemos expresar calquera tipo de emoción ou sentimento, alegria, tristeza, rabia...

Dentro da danza hay varios tipos de rexistros e xeneros, dende bailar cos amigos ou familiares  pasando polo tradicional de cada pobo ou pais, hata ao profesional e académico, sendo a madre de todos eles a danza clasica ou ballet.

Os animamos a que bailedes xa que a danza non entende de xeneros, e calquera pode bailar e disfrutar facendo esta actividade fisica, animaste ??





                                       https://www.youtube.com/watch?v=zA-1h3BWMGg

luns, 4 de maio de 2020

CONTACONTOS COA BRUXA MARUXA

Ola a todos! Acábanos de chegar unha invitación dos coles Salgado Torres e Manuel Murguía, onde organizan un contacontos coa actriz coruñesa GEMA ULLOA. Será a través de videochamada coa aplicación ZOOM, o MÉRCORES 6 DE MAIO ás 18 horas. Achegámosvos o cartel de presentación onde teredes toda a información de como reservar a vosa entrada.






Non volo perdades!!


Reto 19

Reto Mente en forma

É moi importante desenvolver día a día a creatividade dos nosos nenos, para así lograr persoas enxeñosas. Unha forma estupenda de facelo é a través de instrumentos musicais, se non tes ningún, non te preocupes, podes facelos en casa. Hoxe mostrámosche como facer unhas maraacas para nenos reciclada ben divertida.


Materiais:
  • - Legumes: arroz, lentellas, garavanzos...
  • - Dous vasos de plástico, de iogures ou dos rolos de papel
  • - Cinta illante.


Pasos a seguir:
  • 1)  Colle un dos vasos e enchelo cun puñado dun legume.
  • 2)  Coloca o outro vaso encima, facendo que se peche.
  • 3)  Xa colocado os vasos, únelos coa cinta illante.


E xa poderás axitalo e empezar a acabar co virus.


E se queres para acabar, podes decorar os cartóns ou pintalos e facer as maracas máis bonitas.


Reto Corpo en Forma

O reto desta semana vai ser o de Meter unha pelota dentro dun cubo
A pelota ha de ser pequena e o cubo tamén, velaquí a complexidade do reto. Coloca o cubo ao carón do corredor e, por quendas, lanzar a pelota. A ver quen é o que encesta máis veces!

Tamén podedes facer este reto cun globo que non podedes tocar coas mans. Conseguirédelo




E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.


Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".


Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: 

https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Clasificación

Bos dias a todos !!

Aqui tedes a nova clasificación desta semana !!!


sábado, 2 de maio de 2020

Película do Finde

Boas !!!

Para a sesión de cine de hoxe, os recomendamos a película de Sou Surfer, esperamos que vos guste.

SOUL SURFER

Soul Surfer é unha reconstrución da admirable historia real da hawaiana Bethany Hamilton, toda unha celebridade no mundo do surf, sobre todo en Estados Unidos. Filla de surfeiras que a ensinaron pronto a navegar sobre as ondas, desde moi pequena pasaba horas e horas practicando, e comezou a participar en competicións nacionais. A súa figura xa dera lugar ao documental Heart of a Soul Surfer, de 2007.

A versión dramatizada parte do libro coescrito pola propia Hamilton con outros dous autores. Aborda o seu periplo cando é unha atractiva adolescente de 13 anos cunha boa relación coa súa familia, de firmes conviccións cristiás, pasa horas e horas con Alana, o seu mellor amiga, e mantén unha intensa rivalidade nos campionatos coa competitiva Malia Birch.

Por desgraza, mentres está na auga coa súa cuadrilla unha mañá de Halloween, Bethany sofre o ataque dunha quenlla que lle arrinca o brazo esquerdo, o que ocasiona unha gran perda de sangue. Aínda que se salva de milagre porque os seus amigos conseguen trasladala rápido á costa, e a pesar do intenso trauma sufrido, Bethany desexa seguir adiante co seu soño de converterse en surfeiro profesional...




Ver Película

venres, 1 de maio de 2020

RETO 18

Estades  preparados ? Aquí os deixamos os seguistes reto,  seredes capaces?....


                                                  RETO CORPO EN FORMA.

Teredes que demostrar as vosas detrezas co.. famoso rolo de papel hixienico! as probas seràn as seguintes :

1-Facer o maior numero de pases cas mans con algun familiar sen que toque o chan.

2-Aguantar o equilibrio sobre unha perna co rolo de papel na cabeza.

3-Facer un pequeno lanzamento e coller cas mans detras da espalda e logo volver a lanzar e coller cas mans diante,facer o maior numero de veces posibles.

4-Intentar meter un gol co papel hixienico entre as pernas dun familiar.








                                                     RETO MENTE EN FORMA:

Sabedes o que e o Origami ? Igual os soa mais papiroflexia, e unha técnica que consiste en doblar o papel e formar figuras sen utilizar as texoiras nin pegamento. Aquí os deixamos un enlace de como facer unha volvoreta e unha rana. Que ? atreveste ?

                                https://www.youtube.com/watch?v=eoXqmNSznCk&t=91s




E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.

Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".


Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: